venres, 1 de maio de 2015

Aí vén o Maio, famoso poema do gran poeta galego Curros Enríquez , cantado por Luis Emilio Batallán


Mostra imaxes antigas e modernas da festa dos maios , na que os protagonistas son os nenos e nenas e as flores.
Aí ven o maio 
de frores cuberto
puxéronse á porta 
cantándome os nenos
os puchos furados 
pra min extendendo
pedironme crocas 
dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños 
calados e quedos
que o que é polo de hoxe 
que darvos non teño
eu sónvos o probe: 
o pobo galego
pra min non hai maio, 
pra min sempre é inverno.


Cando eu me atopare 
de donos liberto
que o pan non mo quiten, 
trabucos e préstemos
que, coma os do abade, 
florezan meus eidos
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas 
dos meus castiñeiros
cantademe un maio 
sen bruxas nin demos
un maio sen segas, 
usuras nin preitos.
nin foros nin cregos

Ningún comentario: