martes, 17 de marzo de 2020

Saúdos de martes!

Non é un sombreiro, é unha boa comendo un elefante, debuxo que aparece no libro "O principiño" de Saint Exupéry  http://www.agirregabiria.net/g/sylvainaitor/principito.pdf, neste enlace podedes ler o libro e ver as ilustracións:
Nesta páxina : http://aulasgalegas.org/ 
atopamos estas recomendacións.
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores  ante a situación de illamento provocada polo coronavirus que irá publicando cada día material en galego ao que podemos acceder.
Hoxe pareceume moi interesante este artigo para que o leades detidamente:



E imos con algo de Naturais:
Conecta fauna é a aplicación que realizou o blob "La Biblioteca de Amelia" do
 CEIP  Gerardo Diego  de Cantabria para demostrar coñecementos dos animais das nosas rexións do norte. Lede ben as instruccións  e adiante!



Repasamos as tablas, 4º todas , 3º ata o nove

Hoxe un pouquiño de english, a profe Marisol envioume esta estupenda páxina, elexide o voso nivel e adiante!




E non vos esquezades da lectura diaria, porque o reto de hoxe é adiviñar como se chama esta nena, protagonista dun famoso libro, á que lle gustaba moito ler e que viaxou por todo o mundo sen saír da súa habitación:



2 comentarios:

Brais dixo...

Bo día! Son Brais .
Non sei como se chama a nena, busquei en GOOGLE e non me apareceu, dasme unha pista?
Por favor.
CHAO!



























O Crocaio de Sampaio dixo...


Ola Brais! Bo día!
A nena é o personaxe principal dun libro do escritor Roald Dalh, depois fixeron unha peli co mesmo título, verémola porque é moi divertida e me parece que non a vistes. Déixote pensar un pouquiño máis...
Seguro que das con ela.Chao!
Ángeles.