Como é venres , déixovos esta recopilación de xogos feita pola Biblio O PERCEBÍN LECTOR de Cedeira na Coruña, se facedes clic teredes un xogo distinto en cada casiña e hainos de todo tipo: de ortografía, tangran, xogos de maxia, puzzles, mates, música, entrar na biblioteca dixital mundial, fútbol...
Para entrar durante a Fin de Semana!!
Hoxe tarefa de mates:
4º curso: Páxina 132 completa e a 133 solo Ponte a prueba.(Copiamos órdenes con buena presentación)
Exemplo de boa presentación en matemáticas:
3º curso : Páxina 128 e 129. Da tarea final sólo 1 e 2.
English:
Daily Routines
Educación Física. Actividades que nos enviou o profe Xosé Ramón:
ATRÉVESTE? Pica no link e a polo reto!
Esta fin de semana imos a ler un pouquiño máis, pois xa deberiades ter rematados os libros do préstamo, así que si é así, entraredes no blog da biblio:
Unha editorial galega, Baía, puxo na rede libros gratis para ler on line ou descargar, eu propoño que o curso de 4º lea:
O TEMPO DO REVÉS de María Solar, o libro é curtiño e fácil de ler e ten unhas actividades chulísimas ao final , tipo proxectos que podedes facer con calma, durante toda a semana próxima.
3º ides ler
UN DÍA DE TREBOADA de María Riestra e facer as actividades do final 1 a 8 orais e 9 e 10 no caderno de lengua,esta lectura e actividades sobre ela son para facer ao longo da semana que vén.
RETO COLABORATIVO:
Para o fin de semana o reto que propoñemos implica a axuda de papi ou de mami.
Imos facer un vídeo cortiño, sobre 20 segundos no que contedes algo que fixestes para pasar este tempo na casa, cando os reciba farei unha montaxe con todos e así poderemos sentirnos un pouco máis cerca e coller ideas uns de outros para pasar estes días .
COMO FACELO?
-1: En galego por suposto!
-2: Facede un guión no que máis ou menos teñades preparado o que ides dicir.
Primeiro: Saúdo e presentación, como estades?
Segundo: Explicade algo que fixestes na casa estes días para pasar o tempo, sen extenderse moito.
Terceiro: Despedímonos con algún bo desexo para todos.
Non leades, tedes que preparalo para dicilo sen ler.
-3: Que un maior o grabe co seu teléfono móbil e o envíe ao correo angelesaco@gmail.com
Tamén podedes enviar algunha foto do que fixestes ademais da grabación ,manualidades, debuxos ou a receita si é algo de cociña....espero que teñades boas ideas!
Moitas grazas pola colaboración!!
Facede unha programación das tarefas para o fin de semana, ata o luns non volvemos , aínda que estaremos aquí para o que queirades.
Non fagades todo nun día, non se trata diso, ide facendon pouco a pouco o que poidades, sen agobios, sempre podedes volver atrás, repasar as tablas, repetir os xogos..
Que teñades boa fin de semana!!
Descarga adiviñas para ver asolución ao reto de onte.
4 comentarios:
vos dias son Xian e te;o mito sono menos mal que me tengo que quedar na casa asi a o acabar echome unha sesta
perdon escrivin mal o teclado vai moi mal
Profe hice lo de inglés, pero no puedo imprimirlo, lo hice en el ordenador.
Bos días! Como estades? Eu xa extraño moito o barullo dos nenos e nenas da miña clase e do cole todo!Algúns non puxestes nada no blog, pero espero que esteades seguindo e facendo o que poidades.
Animádevos co vídeo de 20 segundos, ou ben unha foto , tedes todo o día de hoxe para enviala e así vernos e saber uns de outros.
Ola Xian! Vixía esa ortografía por favor, que o teclado fai o que ti lle dices, e Brais e para todos e todas , non é necesario imprimir nada, facede na libreta o que poidades copiar e o que non facédelo oral ou on line...
Lucía, non é preciso que enviedes as actividades polo correo, só quero que me enviedes o vídeo, algunha foto, ou as dúbidas... só me gustaría que as actividades vos axuden a non perder o ritmo escolar e a pasar mais entretidos estes días que estamos encerrados, a min tamén me axudan a darlle á cabeza para poñelas, non pensedes que non!
Xa recuperaremos!!
Un abrazote aumentativo a todos e todas e animádevos a dicirnos algo os que faltades!!!
Publicar un comentario