Hoxe venres día 20 de marzo sería un día non lectivo de ser as circunstancias normales, como xa de todos xeitos temos que estar na casa, as actividades que vos propoño podedes facelas ao longo do fin de semana.
Podedes repetir os xogos dos días anteriores, repasar as tablas, practicar mecanografía, cada un os que queira.
Comezamos hoxe por algo de libreta e despois pouco a pouco o demais.
Lembrade rematar cada día facendo "o diario".
Hoxe comezamos por Mates, a solución do reto anterior era o número 12. Moi ben aos que acertastes!
4º curso : Páxina 131 do libro de matemáticas, no cuaderno, copiando as órdenes e facéndoo curioso.
3º curso : Páxina 127 do libro de matemáticas , no caderno copiando as órdenes con boa letra.
Practicade co xogo da dereita: Atrévete a calcular!
Xogo de Xeografía
Podedes facelo as veces que queirades ata non ter fallos!!
En lingua galega onte cantamos a canción do mercado e hoxe, como estamos na casa imos ir ao mercado do Calvario virtualmente, preme na imaxe, xoga e aprende!
Esta páxina superinteresante e completísima de animais é para que a vexades con calma, outro día volveremos a ela para un traballiño ou un reto, xa veremos!
Máis mates:
Reto matemático de operaciones combinadas, consigue a cifra exacta, podes facelo na libreta, segue as instruccións:
FACEDE CLIC AQUÍ:
Ah! e lembrade que neste triste día gris e poallento, chegou meteoroloxicamente falando a PRIMAVERA
Celebrámolo co poema de Manuel María: O arco da vella que podedes engadir ao voso debuxo do arcoiris
5 comentarios:
Profe soy Anthony el reto no se ve bien se ve borroso y no veo bien lo que pone
Tienes debajo dos enlaces ppara que los abras , ahí los verás bien , incluso los puedes imprimir. Ánimate a hacerlos, te gustarán.
YO lo hago mañana, solo hice el primer número
Yo, ya los hice
Ben, non sei a razón pola que non entran máis compañeiros e compañeiras no traballo do blog, hoxe luns 23 volverei a mandar un tokapp a todos ou intentar avisar por teléfono.Os que non teñan ordenador terán que traballar pouco a pouco pola súa conta ou con un correo electrónico tamén arreglariamos.
Se vos poñedes en contacto con algún compañeiro ou compañeira avisádeoa para que eu saiba que están traballando , que mo escriban nos COMENTARIOS Graciñas.
Publicar un comentario