xoves, 5 de febreiro de 2015

Visitou a Bibliocrocaio Raquel Queizás



Co seu espectáculo SON SAN .
Raquel trouxo uns monicreques construídos con material de refugallo (vasos e pratos de cartón), con música e algunha coreografía para bailar.
Xan, o monicreque protagonista ensinounos o importante que é levar unha vida saudable, cun bo almorzo e unha alimentación variada así como, de forma divertida, descubriunos como levar a cabo unha boa hixiene.
Estivo moi interesante e entretido!!

Debuxo de Mara.



Ningún comentario: